Menú Cerrar

Programa EBici Xunta de Galicia 2023

Programa EBici Xunta de Galicia 2023. Ayuda comprar bicicleta eléctrica en Dalle Pedal

Programa EBici Xunta de Galicia 2023

Axudas á compra de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas

A nosa tenda de bicicletas Dalle Pedal, participa un ano máis no programa EBici. Programa de axudas para a compra de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de xuño de 2023 ás 10.00 horas. As axudas correspondentes poderán solicitarse ata o 15 de novembro de 2023 ou ata cando se esgoten os fondos

Chámanos ao 881 124 915 e asesorarémosche durante todo o proceso.

O Programa EBici é unha iniciativa da Xunta de Galicia a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que ten por obxectivo fomentar a adquisición de bicicletas eléctricas ao tempo que procura reducir a contaminación tanto ambiental como acústica e mellorar a saúde do conxunto da poboación.

Subvencionarase, en réxime de concorrencia non competitiva, a adquisición de bicicletas eléctricas novas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas (que cumpran os requisitos técnicos e de equipamento estándar sinalados no artigo 3 das bases reguladoras).

Chámanos ao 881 124 915 e asesorarémosche sobre os modelos de bicicleta eléctrica.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeral (cun límite de 500 €).

No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará até o 60% (cun límite de 600 €).

Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).

Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido.

Para ser beneficiario/a terá que tramitar a súa solicitude a través de nosotros, Dalle Pedal, nós encargarémonos da tramitación. Presentaremos telematicamente a solicitude de axuda.

Chámanos ao 881 124 915

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de xuño de 2023 ás 10.00 horas.

As axudas correspondentes a 2023 poderán solicitarse ata o 15 de novembro de 2023 ou ata cando se esgoten os fondos. As que corresponderán a 2024 poderán solicitarse tamén ata o 15 de novembro de 2024 ou ata cando se esgoten os fondos.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, lanza en 2023 o programa EBici, dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, mediante unha liña de subvencións para a súa adquisición. Esta iniciativa entronca cun ámbito de traballo prioritario para a devandita consellería: a mudanza nos hábitos de mobilidade para reducir as repercusións sobre a contorna natural apostando ao tempo por modos de transporte sostibles desde o punto de vista do medio ambiente e saudables para a cidadanía, tanto dende o punto de vista individual como colectivo.

Neste senso, procúrase minimizar o emprego do coche particular e impulsar os modos de transporte non motorizados no ámbito urbano e interurbano de proximidade. Este tipo de movementos concentran gran parte dos desprazamentos cotiás da poboación. Na maioría dos casos, a distancia oscila entre os 2 e os 12 quilómetros, sendo estas marxes asumibles para o seu percorrido en bicicleta ou, no caso de persoas usuarias de cadeiras de rodas, en cadeiras dotadas da denominada terceira roda híbrida ou eléctrica. 

As subvencións do programa EBici están deseñadas para fomentar o uso de bicicletas eléctricas ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas, e facilitar a súa compra. Deste xeito, favorecerase que os desprazamentos cotiás de curta distancia se realicen de forma sustentable, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro ao tempo que se rebaixa a contaminación acústica. Ademais, supón unha mellora na saúde das persoas ao promover a actividade ao ar libre e o exercicio físico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *