Bonos Activa Comercio Xunta de Galicia 2023
A nosa tenda de bicicletas Dalle Pedal é comercio adherido a esta axuda da Xunta.
O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.
Período de validez dos bonos: 15 maio a 15 setembro 2023, salvo previo esgotamento do crédito do programa.
Como funciona?
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.
No caso de esgotamento do crédito do programa, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.